Pescudamos como clasificar aos animais
| Sitio: | CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro |
| Curso: | Ciencias Naturais 2º de Ed. Primaria |
| Libro: | Pescudamos como clasificar aos animais |
| Impreso por: | Usuario convidado |
| Data: | venres, 21 de novembro de 2025, 7:41 AM |
1. Clasificamos os animais

Comezaremos recordando as cousas que xa sabes!
Presta moita atención!!
Podemos clasificar os animais de moitas maneiras: en función de como nacen, de como de alimentan, de onde viven, de como é o seu esqueleto...
2. Segundo o tipo de reprodución

Observa o seguinte vídeo con atención.
Equipo de creación deste curso. Reprodución dos animais. CC BY-NC-SA
Polo modo de reproducirse, os animais podémolos clasificar en ovíparos e vivíparos.
2.1. Ovíparos

A ver se es quen de localizar o nome de 8 animais ovíparos na sopa de letras!!
Equipo de creación deste curso. Animais ovíparos. CC BY-NC-SA

REDACTAMOS: Recolle os nomes dos oito animais ovíparos da sopa de letras anterior e elabora unha frase no teu caderno de clase con eles. Podes decorar a frase con algunha imaxe.
2.2. Vivíparos

Fíxate ben!! e serás quen de localizar a todos os animais vivíparos da seguinte imaxe.
Equipo de creación deste curso. Animais vivíparos. CC BY-NC-SA
CREAMOS: Recolle os nomes dos animais que aparecen na imaxe anterior e busca outros para completar o acróstico coa palabra VIVÍPAROS que podrás descargar premendo na seguinte imaxe:
2.3. Traballamos no portfolio

Deberás realizar a tarefa que se indica no cadro amarelo e unha vez rematada achegala ao teu caderno.
Ánimo e adiante!
CLASIFICAMOS: Recopila a información que traballaches sobre a clasificación dos animais segundo a forma de reproducirse e completa a planilla de traballo facilitada. Unha vez rematadas, recorta e pega o traballo no teu caderno.
3. Segundo o tipo de alimentación
Pola forma de alimentarse, os animais pódense clasificar en herbívoros, carnívoros e omnívoros.

Equipo de creación deste curso. Animais segundo o tipo de limentación. CC BY-NC-SA
3.1. Herbívoros

Na seguinte presentación atoparás algúns exemplos.
Equipo de creación deste curso. Animais herbívoros. CC BY-NC-SA


PESCUDAMOS: Busca en revistas imaxes de animais herbívoros e recórtaas. Escribe sobre cada imaxe o nome do animal cunha cor que destaque.
Unha vez que remates, garda todas as imaxes na carpeta de clase para elaborar un collage cando saibamos todo sobre como se alimentan os animais.
3.2. Carnívoros

Na seguinte presentación atoparás algúns exemplos, ten coidado de que non te coman.
Equipo de creación deste curso. Animais carnívoros. CC BY-NC-SA

PESCUDAMOS; Segue buscando en revistas imaxes de animais carnívoros e recórtaas. Escribe sobre cada imaxe o nome do animal cunha cor que destaque.
Unha vez que remates, garda todas as imaxes na carpeta de clase, xunto coas dos herbívoros, para elaborar un collage cando saibamos todo sobre como se alimentan os animais.
3.3. Omnívoros

Aquí atoparás algúns exemplos.
Coñeces algún máis?
Equipo de creación deste curso. Animais omnívoros. CC BY-NC-SA

PESCUDAMOS: Para rematar, busca imaxes de animais omnívoros e recórtaas. Escribe sobre cada imaxe o nome do animal cunha cor que destaque.
Unha vez que remates, garda todas as imaxes carpeta de clase, xunto coas imaxes anteriores, para elaborar un collage sobre como se alimentan os animais.
3.4. Traballamos no portfolio

Deberás realizar as dúas tarefas que che indico a continuación.
Ánimo e adiante!

CREAMOS UN COLLAGE. Imos montar un collage en grupos de tres persoas:
Primeiro clasificaremos as imaxes dos animais segundo o seu tipo de alimentación.
Segundo, deseñaremos nunha cartolina o formato que lle imos dar ao collage: Título e tipos de animais segundo a súa alimentación.
Por último, colocaremos as nosas imaxes no cartaz e iremos pegándoas.
E para rematar, sede creativos e decorade o collage segundo máis vos guste.

MANS Á OBRA. Recopila a información que traballaches sobre a clasificación dos animais segundo a forma de alimentarse e completa a planilla de traballo facilitada. Unha vez rematada, recorta e pega o traballo no teu caderno.
4. Segundo o seu hábitat

O hábitat é o lugar onde viven os animais. Nel atoparán comida, protección, relacionaranse e incluso se reproducirán.
Memoriza o cadro e despois observa a curta sobre os lugares onde poden vivir os animais.
Os animais adáptanse a vivir nos seus hábitats.
Os hábitats poden ser de dous tipos: terrestres ou acuáticos
4.1. Acuáticos

Comproba na seguinte presentación como se adaptan á auga nos hábitats acuáticos.

DEBATIMOS. Que pasaría se os animais non se adaptaran ao lugar e ao medio onde viven.
4.2. Terrestres

Na seguinte presentación descubrirás algunhas das adaptacións dos animais a estes hábitats.
Ánimo e adiante!
DEBATEMOS Imos afondar no debate anterior. Que pasaría se trasladamos un animal a un hábitat diferente ao seu?. Primeiro, anotaremos todas as suxerencias que fagades na pizarra de clase. Unha vez rematado, seleccionamos as mellores aportacións e .anotarémolas no caderno de clase.
4.3. Traballamos no portfolio

Deberás realizar a tarefa que che indico a continuación.
A pescudar!!
INVESTIGAMOS. Imos a pescudar información sobre outras adaptacións dos animais ao medio onde viven. Podes pescudar en internet ou buscar a información coa axuda da túa familia. Aquelas adaptacións que che resulten máis curiosas, anótaas na planilla que che facilitamos para poder comentalas en clase.
Despois de expoñer en clase os resultados das vosas investigacións, completa a túa ficha e pégaa no teu caderno..

MANS Á OBRA. Recopila a información que traballaches sobre a clasificación dos animais segundo os seu hábitat e completa a planilla de traballo facilitada. Unha vez rematada, recorta e pega o traballo no teu caderno.
5. Segundo o seu esqueleto

Por útimo, imos facer unha clasificación dos animais, segundo teñan esqueleto ou non.
Intenta memorizar o cadro e despois observa a curta sobre a forma de clasificar os animais segundo teñan ou non esqueleto interno.
Os animais vertebrados son os que teñen un esqueleto no interior do corpo.
Se carecen de esqueleto no interior do corpo dicimos que son animais invertebrados.
5.1. Vertebrados

A pescudar!!
A primeira vez, o libro tardará un chisco en aparecer!!
Equipo de creación deste curso. Os animais vertebrados. CC BY-NC-SA
5.2. Invertebrados

Moitos parabéns por ter chegado ata aquí!!
INVESTIGAMOS. Para realizar esta tarefa deberedes completar un álbum de animais invertebrados. Nós seremos as persoas responsables de crear os cromos segundo as instrucións que se facilitan na planilla.
Cando teñas o álbum completo, pegaralo no teu caderno.
5.3. Traballamos no portfolio

Mans a obra!!

MANS Á OBRA. Recopila a información que traballaches sobre a clasificación dos animais segundo teñan ou non esqueleto e completa a planilla de traballo facilitada. Unha vez rematada, recorta e pega o traballo no teu caderno.
6. Xogamos a clasificar animais

Xa case estamos chegando ao final, pero quédannos por facer as actividades máis divertidas.
A investigar!!
REPASAMOS. Agora imos recordar, de forma lúdica na pantalla interactiva, todo o que traballamos neste tema "Xogando cos animais".

CLASIFICAR ANIMAIS. Facede equipos de 2 persoas. Escollede un dos animais que aparecen nas seguintes ligazóns e cubride a ficha técnica para poder clasificar ao animal segundo as instrucións da planilla:
- Fauna ibérica.
- Galicia Salvaxe.

MAPA CONCEPTUAL. Para rematar este tema, deberás completar a mapa conceptual que se achega na planilla. Poderás revisar todo o material facilitado no apartado de "Informarse e aprender" deste tema.















