Folla de ruta do curso
2. Informarse e apreder
Na sección Informarse e aprender atoparás o material de consulta que recolle os contidos que artellan cada área da Competencia Dixital Docente. Porén, neste módulo introdutorio hai outras cousas que cómpre saber antes
de comezar a traballar. Así, o teu primeiro paso neste curso será ler con detemento esta documentación:
Guía do curso
ObrigatoriaÉ o documento que recolle todos os aspectos formais do curso. Para entendérmonos, unha especie de programación didáctica. Non te imos examinar do seu contido, pero cómpre lelo para que comprendas as implicacións desta formación.Situación de aprendizaxe
Obrigatoria Aquí descríbese o proxecto que desenvolverás ao longo do curso xunto cos requirimentos que debe cumprir para que poidamos validalo. Para asegurarnos de que o curso é do teu interese, é obrigatorio que leas este documento.Protocolo para a participación en cursos Platega
OpcionalComa en calquera situación, en Platega tamén cómpre manter as formas. Se é a primeira vez que fas un curso na plataforma, recomendámosche a lectura destes consellos.




