Folla de ruta do curso
3. Comunicarse e aprender
Unha vez que teñas máis claro que é o que se pretende nesta formación, pode que queiras facer algunha achega ou solventar algunha dúbida. Para iso atoparás o bloque Comunicarse e compartir. Amais, por ser este o módulo de introdución, requírese confirmar o teu interese en participar no curso formalizando a túa presentación. Déixame explicarche para que se emprega cada foro:
Foro de presentación de participantes
ObrigatoriaGustaríanos coñecerte mellor, Pablo! Esta non é unha tarefa como tal, pero é un requirimento necesario para continuares no curso. Rompe o xeo e fai a túa presentación ao grupo neste foro!Foro de consultas
OpcionalTes dúbidas? Se cadra alguén pode axudarche! Fai aquí as túas consultas relacionadas co traballo deste módulo. Para unha comunicación privada con outra persoa participante ou coa titoría, recomendámosche empregar a mensaxaría interna da plataforma, que podes atopar na fita superior ( ). Por favor, non envíes correos electrónicos.Foro de novas, avisos e anuncios
RestrinxidoA titora ou titor publicará neste foro as novidades do curso, novidades que tamén recibirás no teu correo electrónico. Como disto xa nos encargamos nós, non require que fagas nada ?.




