Libro de contidos do tema "Somos científicas e científicos"
1. Ciencia

Para poder traballar como verdadeiras científicas e científicos, primeiro debemos afondar no concepto de ciencia e no método de traballo das persoas científicas.
As persoas desde a antigüedade levan facéndose preguntas para comprender todo o que pasa ao seu arredor.
Para responder a estas preguntas as científicas e os científicos empregan o método científico.
Equipo de creación deste curso. A aventura da ciencia. CC BY-SA

DEBATEMOS. Cal é a diferenza entre ciencia e opinión. Elaborar entre toda a clase un listado de feitos científicos e outro de opinións. Unha vez rematado, copialo no caderno.