Libro de contidos do tema "Somos científicas e científicos"

2. A materia

Axudante
Ola Usuario convidado!
Todo o que vemos, tocamos e mesmo o que non podemos ver está feito de materia: as nubes no ceo, o vaso de auga, a terra baixo os nosos pés e ata o aire que respiramos!
Pero… que fai que unha cousa sexa líquida, sólida ou gasosa?
Por que algunhas cousas flotan e outras afunden?...

A materia sempre ten masa e volume.

Equipo de creación deste curso. A materia. CC BY-SA

As propiedades da materia son como as pistas dun gran misterio científico. Cando as estudamos, aprendemos como funcionan as cousas ao noso redor e mesmo podemos imaxinar novas formas de usalas.

Tareas  escribir colorear Recortar pegar
MEDIMOS A MASA E VOLUME. Imos medir a masa e volume dun obxecto seguindo os pasos facilitados na seguinte guía de traballo.