Libro de contidos do tema "Montamos un horto escolar"

5. Montamos un horto escolar

5.2. Mercamos as plantas

Axudante
Imos organizar a saída ao viveiro para escoller as mellores plantas para o noso horto.
Será unha aventura!

Equipo de creación deste curso. Mercamos as plantas. CC BY-SA

Entre toda a clase, imos decidir que produtos queremos mercar para o horto.
Así teremos un espazo coas plantas que máis nos gustan!  

Tarefas  Responder Escribimos
ELABORAMOS. Cada un de nós pensa que plantas lle gustaría plantar no horto e anotámolos na pizarra. Unha vez feita a lista decidimos entre todos cales son os que mercaremos e cubrimos a lista da compra facilitada.