* Lectura e traballo cos seguintes dos libros para entender mellor o traballo por ABP.
El aprendizaje basado en proyectos. VVAA. Editorial SM. 9788411821834

A Aprendizaxe baseada en proxectos, un modelo de ensino baseado na investigación e a exploración, consiste nunha serie de boas prácticas entrelazadas entre si: creatividade, espazos flexibles, sentido crítico, cooperación, autoavaliación, retroalimentación formativa
Os estudantes, mediante o ABP, logran unha comprensión máis profunda do contido á vez que realizan un esforzo produtivo conxunto dentro dun proxecto de colaboración aplicado a un contexto real. Aínda que o cambio ao ABP require bastante planificación, convértese claramente nun proceso gañar-gañar que permite aos docentes dedicar a clase para atender as necesidades do alumnado e a espertar o seu compromiso social.
Más allá del ABP. Diaz Tenza, Pablo J. Editorial Hacia una escuela nueva. 979-8622103896

“Más allá del ABP” supón a terceira entrega da colección de libros “Cara a unha nova escola”. Neste libro atoparás unha análise práctica e aplicada da Aprendizaxe Baseada en Proxectos. O ABP supón, por parte do docente, unha opción a un reto profesional en contraposición ao confort da instrución directa. A miña intención ao publicar este
libro é ofrecer unha estratexia de deseño da aprendizaxe que inclúa as esixencias do ABP e os requisitos curriculares.
Esta é xa a segunda edición na que se levou a cabo un proceso de revisión e ampliouse con novos capítulos que axuden á fundamentación e posta en práctica do ABP.