
Neste LIM imos a aprender ou lembrar algúns conceptos sobre as figuras e os silencios. Veña, lánzate a aprender...!!
Na linguaxe musical empregamos diversos signos chamados figuras para representar a duracións dos sons. As máis habituais son:
Existen máis que nesta ocasión non estudaremos.
Na música existen momentos nos que hai silencio. Para indicar a duración do mesmo empregamos símbolos denominados silencios. Cada figura ten un silencio correspondente coa mesma duración. Temos, polo tanto:
Tamén existen outros que tampouco imos estudar hoxe.
Esta figura musical ten un valor de catro negras.Represéntase por unha cabeza ovalada e non ten plica.

É unha figura musical representada por unha cabeza ovalada co interior branco e unha plica. Equivale a dúas negras ou á metade dunha redonda.

Esta figura ten un valor dun pulso nun compás de subdivisión binaria. Represéntase cunha cabeza ovalada negra e posúe unha plica. Esta pode situarse cara arriba ou cara abaixo dependendo da altura á que se sitúe dentro do pentagrama. En xeral, procuraremos que a plica se dirixa hacia o centro do pentagrama. Cando vai cara arriba estará á dereita da cabeza e á esquerda cando vai cara abaixo.

A corchea vale a metade dunha negra e ten a súa mesma forma co engadido dun corchete situado á dereita da plica. Cando se escriben varias corcheas seguidas adoitamos unilas cun só corchete.

A semicorchea é igual á corchea mais con dúas plicas. O seu valor é igual a media corchea ou á cuarta parte dun pulso. Tamén se poden unir varias en dous corchetes.

Represéntase por un rectángulo pequeno situado debaixo da cuarta liña do pentagrama. Dura o mesmo que a redonda, isto é, catro pulsos. Tamén se usa nos compases nos que non hai ningunha nota.

Este silencio, que dura o mesmo ca unha branca - dous pulsos-, represéntase cun pequeno rectángulo colocado enriba da 3ª liña do pentagrama.

Dura un pulso e represéntase co signo que ves na imaxe ou noutras ocasións empregamos un "Z".

Represéntase por un símbolo parecido a un 7 (pódelo ver na imaxe) e dura a metade dun pulso.

É igual ao silencio de corchea cun corchete máis. Dura a cuarta parte dun pulso ou a metade dun silencio de corchea.
