10 consellos para a poboación en caso de asolagamento:

  1. É moi importante estar atento aos medios de comunicación: TV, radio e fontes oficiais en Internet.

  2. Se vives nunha zona inundable, coloca os obxectos de valor, documentación e produtos tóxicos que puidesen contaminar fóra do posible alcance da auga, se chegase a inundarse.

  3. Preparar un plan familiar en caso de emerxencia no que se fixe un procedemento que hai que seguir e un punto de encontro, entre outros.

  4. É importante ter localizada a medicación e unha botica de primeiros auxilios, lanternas, pilas e auga embotellada.

  5. Desconecta a enerxía eléctrica para evitar electrocucións e utiliza lanternas para alumarte.

  6. Corta a auga e o gas.

  7. Non baixes ao soto ou ao garaxe.

  8. Se te atopas fóra da casa, non entres na casa se as augas a cubriron.

  9. Se estás no coche e a auga comeza a subir de nivel, abandona o vehículo e sitúate no lugar máis elevado posible.

  10. Debes manter a serenidade, aínda que é normal sentir medo.

10 consellos para a poboación en caso de terremoto:

  1. É moi importante estar atento aos medios de comunicación: TV, radio e fontes oficiais en Internet.

  2. Se vives nunha zona de risco sísmico, reforza as estanterías fixándoas ben á parede e as lámpadas ao teito. Evita a colocación de obxectos grandes enriba do mobiliario.

  3. É importante ter localizada a medicación, unha botica de primeiros auxilios, lanternas, pilas, radio e auga embotellada.

  4. Prepara un plan familiar en caso de emerxencia no que se fixe un procedemento que hai que seguir e un punto de encontro, entre outros.

  5. Cortar a auga, o gas e a electricidade.

  6. Se no momento do terremoto estás no exterior, diríxete a espazos abertos, lonxe de edificios, árbores, farois, etc.

  7. Se no momento do terremoto estás no interior dun edificio, é mellor non saír e permanecer dentro, poñéndote debaixo dun moble resistente ou xunto a un muro de carga, lonxe de cristais e obxectos que poidan caer.

  8. Se se recomenda a evacuación do edificio, sae polas escaleiras e non utilices o ascensor.

  9. Unha vez rematado o terremoto, non se recomenda acender aparellos eléctricos, xa que se podería producir un incendio se o terremoto provocou roturas nos condutos.

  10. Se hai cheiro a gas, fume ou produtos químicos, debes saír do edificio.

10 consellos para a poboación en caso de frío intenso e nevaradas:

  1. É moi importante estar atento aos medios de comunicación: TV, radio e fontes oficiais en Internet.

  2. Se vas viaxar, é importante informarse do estado das estradas.

  3. Se hai predición de nevaradas, é preferible viaxar en transporte público.

  4. No caso de ter que utilizar o vehículo propio, revisa que os pneumáticos e o líquido anticonxelante están en óptimas condicións, enche o depósito,  leva cadeas, roupa de abrigo e o teléfono móbil cargado.

  5. Se quedas atrapado pola neve, é importante permanecer dentro do coche, co motor e coa calefacción acendida, procurando non quedar durmido.

  6. Sintoniza algunha emisora de radio que informe da situación meteorolóxica e das indicacións que hai que seguir.

  7. Se vas realizar excursións pola montaña, é moi importante que coñezas a predición meteorolóxica e que vaias ben equipado.

  8. Recoméndase que avises os teus familiares da ruta que vas seguir.

  9. Se vas realizar excursións, é importante coñecer a localización dos refuxios de montaña para resgardarte en caso de caída brusca das temperaturas.

  10. Aínda que poidas sentir medo, a serenidade é a túa mellor aliada.

10 consellos para a poboación en caso de incendios forestais:

  1. Evitar acender lume no campo. En época de perigo, non se debe acender lume nin nas áreas habilitadas para iso.

  2. Nunca debemos tirar cigarros, mistos, plásticos ou calquera tipo de residuos ao monte, xa que, ademais de contaminar o medio ambiente, podería xerar un incendio.

  3. O tempo de seca, a calor e o vento favorecen que o lume se estenda con maior rapidez.

  4. En zonas forestais, debemos estacionar o coche en aparcadoiros habilitados, para evitar o contacto do tubo de escape con matogueiras secas.

  5. Se vives nunha casa con xardín, se tes que queimar madeiras ou restos vexetais, debes pedirlle autorización á autoridade competente.

  6. En caso de incendio forestal, é moi importante avisar o antes posible ao 112.

  7. Se o lume é pequeno, intenta apagalo usando auga, ramas ou terra sobre a base das lapas. Tras sufocalo, tapa as brasas e limpa as ramas dos arredores.

  8. Se o lume é máis grande, afástate en dirección oposta ao fume e foxe costa abaixo, tendo en conta que o lume tende a aumentar a súa velocidade ao subir ladeira arriba.

  9. En caso de que o lume chegase a alcanzarte, sitúate en zonas xa queimadas, tírate ao chan detrás dalgunha rocha ou cuberto de terra. Se podes, tapa o nariz con algunha peza mollada.

  10. Se a túa roupa se queima, non corras, é máis seguro rodar polo chan ou cubrirte cunha manta. Non quites a roupa queimada.

10 consellos para a poboación en caso de emerxencia por transporte de mercadorías perigosas:

  1. As autoridades competentes activarían o Plan de Emerxencia fronte ao transporte de mercadorías perigosas.

  2. É moi importante estar atento aos medios de comunicación: televisión, radio e fontes oficiais en Internet.

  3. Hai que seguir as indicacións das autoridades.

  4. Respecta o control de acceso imposto polas autoridades.

  5. No caso de confinamento, pecha portas e ventás, selándoas con cinta adhesiva.

  6. Durante o confinamento, os aparellos de climatización deben permanecer apagados.

  7. Se houbese risco de explosión, baixa as persianas e coloca cinta adhesiva en forma de cruz sobre os cristais das ventás. Resgárdate na zona oposta a onde se espera a explosión.

  8. No caso de evacuación, leva contigo a documentación e un kit de emerxencia básico.

  9. Non realices unha evacuación voluntaria.

  10. Aínda que poidas sentir medo, a serenidade é a túa mellor aliada.

Última modificación: mércores, 8 de xullo de 2026, 1:30 PM