CANTO DE PANDEIRO DE CABANA

Botádelle un asubío

botádelle un asubío

os mociños de Cabana

non poden pasar o río.

Non poden pasar o río

non poden pasar o río

os mociños de cabana

botádelle un asubío.

Mociñas de Rebordelo

arrimai voso loureiro

que veñen os de Cabana

con ferreñas e pandeiro.

Con ferreñas e pandeiro

con ferreñas e pandeiro

mociñas de Rebordelo

arrimai voso loureiro.

San Esteban de Cesullas

ten os zapatiños brancos

as mozas de Rebordelo

vanllos ver os días santos.

Vanllos ver os días santos

Vanllos ver os días santos

San Esteban de Cesullas

ten os zapatiños brancos.

Última modificación: venres, 14 de xullo de 2017, 12:16 PM