AS PEQUENAS MARIONETAS

Así van van van, as pequenas marionetas,

así van van van dando voltas con afán.

Coas mans atrás, así van as marionetas,

coas mans atrás e saltando sempre están.

Cos pés para dentro, así van as marionetas,

cos pés para dentro e saltando sempre están.

Botando a lingua, así van as marionetas,

botando a lingua e saltando sempre están.

Chiscando un ollo, así van as marionetas,

chiscando un ollo e saltando sempre están.

Así van van van, as pequenas marionetas,

así van van van dando voltas con afán.



Última modificación: xoves, 13 de xullo de 2017, 10:34 AM