LEVADA POLO VENTO

Mariña volvía para a súa casa camiñando de vagar. De súpeto, levantouse o vento. Cada vez máis forte ata que unha espiral de aire a elevou ata o ceo. Tras ser arrastrada ata moi lonxe por aquel remuíño comezou a descender e aterrou suavemente no medio dunha fraga descoñecida. Do fondo do bosque chegaba o canto do cuco. Mariña non sabía onde estaba así que comezou a camiñar tentando achar o camiño de volta á casa. Logo dun anaco de tempo camiñando escoitou un son que saía de entre uns arbustos... Semellaba unha serpe de cascabel. A nena estaba asustada pero de entre as plantas saíu un gatiño cun axóuxere pendurado do pescozo. Mariña suspirou tranquila. Proseguiu o seu camiño seguida polo gatiño que semellaba perdido. Tras moito camiñar comezou a ver unha casiña. Achegouse e chamou á porta. Un velliño abriu a porta e, antes de que Mariña puidese falar, colleu ao gatiño en brazos e comezou a darlle bicos. Despois explicoulle á cativa que o animal desaparecera había un par de días e que podía pedirlle un agasallo por traelo de volta...

Última modificación: venres, 19 de xaneiro de 2018, 10:07 AM