NON CHAS QUERO

Non chas quero, non chas quero

castañas do teu magosto.

Non chas quero, non chas quero

que me cheiran a chamosco.

A castaña no ourizo

quixo rir e rabeou

caeu do castaño abaixo

iso foi o que gañou.

A castaña no ourizo

eu ben che sei o que fai

se está verde madura

e se está madura cae.

Última modificación: venres, 10 de novembro de 2017, 10:49 AM