O Barroco
Requisitos do completado
A música barroca é un estilo da música occidental relacionado coa época cultural homónima en Europa. Adóitase delimitala cronoloxicamente entre o nacemento do oratorio e da ópera (Considérase Orfeo de Claudio Monteverdi unha das primeiras) a principios do século XVII e a morte de Johann Sebastian Bach en 1750, se ben esta delimitación non é de todo exacta.
O Barroco comezou en Italia, principalmente en Florencia e estendeuse por toda Europa.
Na música desta época destaca o contrapunto, que consiste en dúas ou máis melodías que soan simultaneamente e entrelazan harmonicamente, e tamén a importancia das liñas melódicas. Tamén é habitual o "diálogo" entre instrumentos ou entre solista e orquestra.
Os compositores compoñían para "mecenas" que eran xente con moitos cartos (reis, bispos, nobres,...) e lles pagaban polo seu traballo.

Última modificación: xoves, 13 de xullo de 2017, 10:34 AM