Johann Sebastian Bach (1685-1750), nado en Eisenach, foi un músico e compositor do período barroco da música erudita. Considérase un dos compositores máis grandes e influentes da historia da música. Moitas das súas obras reflicten unha gran profundidade intelectual, expresión emocional e, sobre todo, altísimo dominio técnico.

Ocupou os postos de organista, mestre de capela do duque de Weimar, e director musical na corte do príncipe Leopold. Tamén foi mestre de capela e kantor na igrexa de San Tomé en Leipzig e director musical da cidade.

Bach encabezou unha gran familia numerosa. Tivo 7 fillos do seu primeiro matrimonio e 13 do segundo. Tres dos fillos que tivo coa súa segunda esposa convertéronse en compositores respectados por dereito propio.

Na época da súa vellez, cando a xente se refería a Bach facíao pensando no seu famoso fillo Carl Philipp. Nas xeracións que seguiron a Bach, soamente os compositores e músicos coñecían a súa obra. Así, por exemplo, Haydn, Mozart e Beethoven tiveron un grande aprecio pola obra de Bach.

Bach

Fonte: Wikipedia

Última modificación: xoves, 13 de xullo de 2017, 10:34 AM