Existen diferentes tipos de voces. Segundo a altura (grave ou agudo) distinguimos tres tipos principais:
AGUDAS
Voces femininas: as mulleres teñen a voz aguda.

Voces brancas: as nenas e nenos teñen unha voz similar en altura á das mulleres.


GRAVES
Voces masculinas: os homes adoitan ter voces graves.

A continuación tedes varios vídeos. Saberiades distinguir o tipo de voz de cada un deles? Imos probar:
En primeiro lugar temos a unha das mellores voces da música galega interpretando o Alalá de Muxía.

A continuación outra gran voz que fai a súa versión do mesmo tema.


E este é o último exemplo no que podemos escoitar Imagine de John Lennon.
Última modificación: xoves, 13 de xullo de 2017, 10:34 AM