A canción de:
Javier Constenla Ribadeo
Grupo ou intérprete: Vetusta Morla
Nome da canción: Los días raros
Enlace: Enlace
Datos relevantes:

Vetusta Morla é unha banda de indie rock orixinaria de Tres Cantos, Madrid (España). Despois de nove anos de andadura musical, en febreiro de 2008 publicaron o seu primeiro LP, Un día en el mundo, que recibiu unha gran acollida, tanto por parte do público como pola crítica especializada. A este seguiron outros álbums como Mapas, La deriva ou Mismo sitio, distinto lugar. Tamén puxeron a banda sonora a xogos como Los ríos de Alice ou películas como La hija.

Está formada por Pucho, David "el Indio", Álvaro Baglietto, Jorge González, Guille Galván e Juanma Latorre.

A banda debe o seu nome á personaxe Morla do libro A historia interminable, a tartaruga anciá xigante, xa que "vetusta" en castelán significa vella, anciá.

Imaxe: concerto