Ampliación: Castelao e instrumentos de láminas
| Sitio: | Aula Virtual do Sinde |
| Curso: | Música 1º |
| Libro: | Ampliación: Castelao e instrumentos de láminas |
| Impreso por: | Usuario convidado |
| Data: | sábado, 27 de decembro de 2025, 6:54 PM |
Descrición
Para saber máis...
Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 30 de xaneiro de 1886 e finado no exilio, en Bos Aires (Arxentina), o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Foi homenaxeado co segundo Día das Letras Galegas, no ano 1964. En decembro de 2011 a Xunta de Galicia declarou a súa obra como Ben de Interese Cultural.

Xilófono
O xilófono é un instrumento de percusión, idiófono, formado por láminas de madeira, normalmente de palisandro (madeiras moi apreciadas e custosas) ou de materiais sintéticos. Estas láminas están dispostas de maneira cromática e soan ao ser golpeadas por baquetas. Os xilófonos caracterízanse por seren de tamaño pequeno. Existe unha variedade de xilófono chamada xilo-marimba, con características que se atopan entre as dos dous instrumentos.
XilófonoMetalófono
O metalófóno é un instrumento musical composto dunha serie de láminas de metal, con cada elemento afinado a unha nota musical. Os metalófonos están clasificados como idiófonos, o que significa que son instrumentos que ao ser golpeados (percutidos), o material de que está feito vibra, producindo son.Os metalófonos melódicos máis antigos proceden de Asia. Pódense encontrar tres tipos de metalófono: (de grave a agudo) o baixo, o alto e o soprano.

Carillón
Chámase carillón de láminas ao metalófono agudo chamado tamén lira de láminas ou simplemente lira (sobre todo cando é un modelo empregado para desfile), cuxo nome internacional é glockenspiel.
lira ou glockenspielHector Berlioz

Louis Hector Berlioz (La Côte-Saint-André, Francia, 11 de diciembre de 1803 – París, 8 de marzo de 1869) foi un compositor francés e figura destacada do romanticismo. A súa obra máis coñecida é a Sinfonía fantástica (estreada en 1830). Berlioz foi un gran orquestrador e a influencia da súa música foi extraordinaria.