UNIDADE 3: COMUNICANDO CO CORPO

Pasodobre

Pasodobre

O pasodobre é a música dun baile español de compás binario e movemento moderado. Na súa versión para banda foi introducido nas festas dos touros. Tamén se utiliza nos desfiles militares como marcha.

O pasodobre é un baile moi sinxelo, con figuras moi libres, polo que resulta bastante fácil aprendelo. A posición da parella é igual á de todos os bailes de salón, un en fronte do outro e cos corpos pegados lixeiramente desprazados cara a esquerda. O seu ritmo básico é moi simple: un paso por tempo e débese permanecer todo o tempo cos corpos en paralelo e coa man esquerda e dereita do home e a muller, respectivamente, unidas. O pasodobre forma parte do repertorio das bandas de música españolas e soe constar de introdución e dúas partes principais, cun ritmo aflamencado.