Section outline

    • A discapacidade é unha condición que afecta ao nivel de vida dun individuo ou dun grupo. O térmo emprégase para definir unha deficiencia física ou mental, como a discapacidade sensorial, cognitiva ou intelectual, a enfermidade mental ou varios tipos de enfermidades crónicas.

      As persoas con discapacidade, a «minoría máis ampla do mundo», soen ter menos oportunidades económicas, peor acceso á educación e tasas de pobreza máis altas. Eso débese principalmente á falta de servizos que lles podan facilitar a vida (como acceso á información ou ao transporte) e porque teñen menos recursos para defender os seus dereitos. A estos obstáculos cotiás se lle suman a discriminación social e a falta de lexislación adecuada para protexelos.

      Os nenos con discapacidade teñen catro veces máis posibilidades de ser víctimas de actos violentos, a mesma proporción que os adultos con problemas mentais.

      Unha sociedade incluínte

      Está ampliamente demostrado que, unha vez eliminados os obstáculos a integración das persoas con discapacidade poden participar activa y productivamente na vida social e económica das súas comunidades. Por isto,  é necesario eliminar as barreiras físicas e sociais.

      A accesibilidade e a inclusión das persoas con discapacidade son dereitos fundamentais recoñecidos pola Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidades. Son as condicións sen as cuais non poden disfrutar dos outros dereitos. A Convención (artígo 9) pide que as persoas con discapacidade poidan levar unha vida independente e participar de forma activa no desenvolvemento da sociedade. Solicita aos  Estados que tomen as medidas apropiadas para darlles pleno acceso á actividade cotiá e eliminar todos os obstáculos a súa integración.