Word Games
Requisitos do completado
Se pinchades neste enlace veredes tres xogos de palabras diferentes.
O primeiro deles é unha sopa de letras (Word Search).
No segundo (Hangman), tedes que adiviñar cal é a palabra oculta.
Ide pinchando en cada unha das letras e se acertades, aparecerá esa
letra dentro da palabra que tedes que adiviñar. Se fallades, un cachiño
da tableta de chocolate, desaparecerá. Procurade que non desapareza
a tableta enteira!
E no último xogo (Anagrams), tedes que ordenar as letras para formar
unha palabra. Lembra que a palabra está relacionada co vocabulario
da comida que xa sabemos e que tivemos que buscar antes na sopa de letras!
LEMBRADE: non tedes que rexistrarvos na aplicación nin enviarme nada.
Prema na ligazón Word Games para abrir o recurso.