historia
O himno galego e estreado en 1907 na Habana, froito, coma a bandeira e o escudo, da emigración. En 1908 farase oficial. Na súa elaboración conxúganse as partituras de Pascual Veiga e o poema Os Pinos de Eduardo Pondal. O motivo central e moi sinxelo: que Galicia esperte do seu soño e emprenda o camiño cara á liberdade
Producto dunha cultura propia e reflexo do ambiente cultural e social que foi conformando ao largo da historia unha identidade singular, o himno galego aparece como o símbolo acústico máis solemne e transcendental de Galicia como comunidade política.
O nome de Galicia non figura en ningunha parte do poema, como é habitual en Pondal, sendo substituído por Fogar de Breogán. Pídeselle que esperte do seu soño, que non esqueza as inxurias e que escoite a voz dos pinos rumorosos, que que non é outra cosa que o pobo galego.
Desde 1907 hasta 1923 o himno galego foi cantado por rexionalistas e agraristas nos seus actos e pouco a pouco foi sendo aceptado por moitos máis. Os centralistas o asumirán, finalmente, na campaña electoral de 1977. Durante a época anterior á República se prohibiron tódolos símbolos rexionais. Entón, as sociedades galegas de América intensificaron seu interés pola expresión pública del himno. Coa II República o amor a el intensificouse como expresión dunha Rexión dentro do Estado Integral que tíñase constituído. Durante o período franquista, ata a etapa de aperturismo, só se cantaba, ao mais, nos actos culturais e como unha canción máis dentro do folclore galego. Dende 1960 comeza a interpretarse de modo máis explícito, anque disimulando os seus aspectos ideolóxicos.
En 1975, namentres tiñan lugar uns actos folclóricos na festa del Apóstolo, a xente comezou a se levantar namentres o himno soaba. Ao año seguinte instaurouse esta costume de modo definitivo na Praza da Quintana, ratificado tamén polas autoridades asistentes.
Ademais do celtismo e helenismo sempre presentes na obra de Pondal, foi seu capacidade para penetrar nos sentimentos do pobo e expresar as súas aspiracións fundamentais, o que posibilitou seu éxito.
