Section outline

  • Destacado

    A parte dos exercicios e recomendacións que o profesorado do alumnado de 4º está a facer nas áreas desta aula virtual, quero deixarvos unha serie de recursos xenéricos e plataformas online para que poidan seguir aprendendo dende a casa. 

    Repositorio de Contidos Abalar. Espazo Abalar: Contidos orientados ao alumnado e as familias

    10 Plataformas educativas online para aprender xogando

    Pipoclub. com. Esta páxina web contén xogos para que os alumnos de 0 a 12 anos traballen materias como Matemáticas, Xeografía, Música ou Inglés. Entre as destrezas que se adquiren grazas a eles están a comprensión lectora, a coordinación mano-ollo ou a visión espacial.

    Árbore ABC.  Pensada para fomentar a aprendizaxe a través do xogo en nenos desde 3 a 10 anos, inclúe exercicios baseados na teoría das intelixencias múltiples. Os alumnos poderán incorporar e reforzar os coñecementos a través de adiviñas, chistes, lecturas interactivas e xogos, entre outros.

    Science & Fun by Elesapiens. Esta ferramenta online de foi deseñada para o ensino das Ciencias en Primaria, en inglés e Español. Combina vídeos e actividades interactivas con actividades prácticas, experimentos e xogos. O encargado de guiar polos contidos é un personaxe de animación chamado Elesapiens, que ten moita información e coñecemento relacionado co mundo científico: bioloxía, xeoloxía, física, tecnoloxía, humanidades, química… Ademais, conta con ferramentas para o seguimento dos alumnos e alíñase co currículo escolar.


    Poisson Rouge Unha web deseñada en Inglés e Francés por pedagogos e deseñadores gráficos. Lograron unha plataforma moi visual e intuitiva para que os nenos xoguen por si mesmos. Cores, figuras, matemáticas, música, memoria… É apropiada para mellorar conceptos de varias materias desde calquera idade.

    Aprendizaxe lectoescritura Varios xogos e actividades para traballar a memoria, a lóxica, as matemáticas ou a linguaxe. A navegación polo menú e as actividades é moi intuitiva e cumpren a función de que os nenos aprendan xogando.

    Recursos educativos abertos. Recurso de Educaixa: fomentan a curiosidade, a investigación e o espíritu crítico.

    Museos virtuais: Selección de museos con visitas virtuais para que o alumnado poida percorrer os seus corredores e descubrir todo o que poden ensinarlle.

    25 canles de vídeo para facer experimentos. Con guías, paso a paso e materiais que se poden atopar facilmente nos fogares, os experimentos que propoñen estas canles de Youtube son ideais para aprender ciencia de forma divertida tanto en casa como nas aulas.

    25 canles de YouTube para Infantil e Primaria imprescindibles!. Cancóns, contos populares, materiais educativos e en inglés... Todos estes contidos, e outros moitos, están disponñibles nesta recompilación de canles en YouTube para Infantil e Primaria.

    Fichas para imprimir e materiais educativos para Primaria. Mais fichas para Infantil e Primaria.

    OUTRAS PÁXINAS MOI INTERESANTES

    Leer. es

    Ciencia kids

    National Geographic Kids

    ESA Kids

    Nasa Ciencia. Space Place

    Ademáis, no apartado de xogos e tempo libre, dentro do espazo para o alumnado, estoulles a subir unha serie de xogos e contos que poden facer no seu tempo libre.