floorball é un deporte de equipo similar ao hóckey, no que se enfrontan dous equipos de 5 xogadores ou xogadoras cada un, tendo como obxectivo meter gol na portería do equipo contrario. Este deporte, xurdiu como unha alternativa ao hóckey sobre xeo e ao bandy, debido á dificultade de contar con instalacións para xogar nas escolas. 

Floorball

Terreo de xogo: xógase nunha pista rectangular de 40 metros de longo por 20 metros de largo. Esta, está dividida en dúas metades, tendo cada unha delas unha portaría (a cal está dentro do campo e non sobre a liña de fondo como ocorre noutros deportes con portaría). 

Material empregado: ó floorball xógase cunha pelota de plástico oca e con furadiños circulares, a cal é desprazada polas persoas que xogan empregando un stick de plástico moi lixeiro. O calzado é o habitual de deportes de interior, non patíns como nalgunha  modalidade de hóckey. 

Última modificación: martes, 21 de outubro de 2025, 6:13 PM