Coppermine é unha aplicación web que permite xestionar de forma sinxela unha galería de imaxes e vídeos para o noso centro. Entre as características máis salientables destacan as seguintes:

  • Posibilidade de agrupar imaxes en álbumes para unha xestión ordenada.
  • Posibilidade de agrupar álbumes en categorías e subcategorías.
  • Restricións no acceso aos álbumes (públicos ou privados).
  • Rexistro das visualizacións de cada imaxe/vídeo.
  • Posibilidade de realizar valoracións (votacións) e comentarios de cada unha das imaxes ou vídeos.
  • Posibilidade de crear coleccións de imaxes favoritas para cada usuario.

Última modificación: domingo, 8 de novembro de 2020, 1:12 AM