Que é Agueiro?
Agueiro é unha plataforma en liña que ofrece aos
centros educativos galegos a posibilidade de crear a súa propia comunidade
educativa virtual onde poderán participar tanto o profesorado como o alumnado
do propio centro educativo.
Os centros educativos que o soliciten, poderán dispoñer da súa propia
comunidade educativa virtual dentro de Agueiro, da que poderán formar parte
tanto o profesorado como o alumnado do propio centro. Cada unha destas
comunidades terá o seu propio administrador (un responsable do centro
educativo) e os seus propios xestores (o profesorado do centro) que serán os
encargados de realizar o mantemento e a xestión íntegra da súa comunidade. Así
mesmo, os centros educativos poden dar de alta aos seus propios alumnos, polo
que os estudantes van dispoñer do seu propio espazo persoal privado así como
tamén do acceso a todas as funcionalidades propias das comunidades.
Ditas comunidades proporcionan ferramentas e funcionalidades específicas para
os usuarios que pertencen a elas, como son a creación de grupos, espazos
compartidos, ferramentas colaborativas, foros de debate, páxinas, … etc
combinando as funcionalidades de rede social educativa, portfolio dixital educativo
e espazo persoal de almacenamento na nube.