Para configurar a proba prememos en engadir actividade ou recurso, seleccionamos proba e facemos clic en engadir:


Poñemos o nome e unha pequena descrición que podemos presentar na páxina do curso



En sincronización podemos establecer cando abrirá a proba, cando pechará e o tempo que lle damos ao alumnado para facela...




Na cualificación:

  • a máis alta
  • a media de todos os intentos
  • o primeiro intento
  • o último intento


No comportamento das preguntas en barallar as preguntas, cada vez que se fai un intento reorganizanse as preguntas


Nas opcións de revisión podemos desverificar a retroalimentación a hora de correxir as preguntas, con esto no teñen información da resposta correcta


Por si queremos por unha contrasinal, provocar unha espera...


A retroalimentación xeral, aquí debemos poñer a información que van recibir o finalizar a proba, para min é importante, é coma a avaliación da proba.

Por exemplo:

  • 100% Parabéns, moi ben
  • 80% Moi ben
  • 60% Ben
  • 50% Repaso os contidos
  • 40% Faino de novo


Na configuración común do módulo podemos amosar a proba ou agochala para o alumnado, seleccionar grupos e agrupamentos así como engadir restriccións de acceso ao grupo


Finalmente gardamos e presentamos no curso.





Última modificación: domingo, 8 de novembro de 2020, 9:00 PM