A actividade da proba permítelle a un/unha profesor/a crear as probas que comprenden preguntas de varios tipos como escolla múltipla, coincidencia, resposta curta e numérica.

A/O profesor/a pode permitir que a proba se intente múltiplas veces, coas preguntas baralladas ou aleatoriamente seleccionadas do banco de preguntas. Pode estabelecerse un límite de tempo.

Engadimos unha proba:



En sincronización activamos o día e a hora do inicio do prazo para realizala e o día de remate e se o consideramos determinamos un tempo para a súa realización.

En cualificación seleccionamos a nota para aprobar, os intentos permitidos e o método de cualificación


A continuación deseñamos o formato para presentar as preguntas por páxina (1,2,3,4,5,6,7....)

Definimos o comportamento da pregunta que pode ser barallando as preguntas entre intentos ou non.

Tamén temos a opción de seleccionar as opcións de revisión



Permítenos restricións extra nos intentos, contrasinal, espera forzada, etc


Podemos incluír comentarios nas respostas correctas (cualificación externa 100%) e para as incorrectas



Unha vez gardada a proba xa podemos editala para engadir as preguntas





Última modificación: domingo, 8 de novembro de 2020, 8:05 PM