Paquete Scorm
Un paquete SCORM é un conxunto de ficheiros que se empaquetan segundo unha norma acordada para os obxectos de aprendizaxe. O módulo de actividade SCORM activa os paquetes SCORM ou AICC para seren cargados como un ficheiro zip e engadilos a un curso.
O contido amosase normalmente en varias páxinas, con navegación entre as páxinas. Hai varias opcións para ver o contido nunha xanela emerxente, cun índice, con botóns navegación, etc. As actividades SCORM xeralmente inclúen preguntas, con cualificacións que se rexistran no libro de cualificacións.
As actividades de SCORM pódense utilizar
- Para a presentación de contidos multimedia e animacións
- Como unha ferramenta de avaliación
Podemos atopar moitas actividades neste enderezo:
https://clic.xtec.cat/repo/index.html?lang=es&language=gl&level=INF
Unha vez seleccionado temos que cubrir o Nome e a Descripción:
Eu recomendo descargar a actividade no ordenador e logo arrástrar coma na imaxe: