Foro
Hai varios tipos de foro para escoller, como un foro estándar onde calquera pode comezar unha discusión nova en calquera momento; un foro onde cada alumno pode comentar exactamente unha discusión; ou un foro de pregunta e resposta onde os alumnos teñen primeiro que facer un comentario antes de seren quen de veren os correos doutros alumnos. O profesor/a pode permitir anexar ficheiros a comentarios do foro. As imaxes anexas preséntanse no comentario do foro.
Os participantes poden subscribirse a un foro para recibir notificacións de novos comentarios no foro.
O profesor/a pode estabelecer o modo de subscrición como opcional, forzado ou automático ou prohibir a subscrición completamente. Se for requirido, aos alumnos pode bloqueárselles comentar máis dun determinado número de comentarios nun período de tempo dado; isto pode evitar que determinados individuos dominen as discusións.
Os foros teñen moitos usos, como
- Un espazo social para alumnos para saber os uns dos outros
- Para anuncios de curso (utilizando un foro de novas con subscrición forzada)
- Para discutir contido de curso ou materiais de lectura
- Para continuar en liña un asunto xurdido anteriormente nunha sesión presencial
- Para discusión de só profesores (utilizando un foro agochado)
- Un centro de axuda onde titores e alumnos poden dar consello
- Un área de apoio directo personalizada para comunicacións privadas entre profesores e alumnos (utilizando un foro con grupos separados e cun alumno por grupo)
- Para actividades de extensión, por exemplo «xogos mentais» para ponderación de alumnos e suxestión de solucións
Presentarase no curso do seguinte xeito: