Ficheiro
O recurso ficheiro serve para que o alumnado descarque/visualice un ficheiro.
Para engadir un ficheiro hai que seleccionalo na lista de Recursos, unha vez feito isto vemos na opción xeral:
O texto que tecleemos na entrada Nome é o texto que verá o usuario, namentres que o texto escrito en Descripción, onde describimos a información que contén o arquivo, so se mostrará na pantalla se temos marcada a opción Presentar a descrición na páxina do curso.
Na opción Ficheiro é onde subiremos o arquivo.Para iso abre a carpeta onde está o arquivo que queiras engadir, fai clic sobre el e, sen deixar de premer o botón esquerdo do rato, arrastrao e deixao caer enriba da caixa etiquetada coma Ficheiros seleccionados.
Na opción Apariencia especificase como se quere que se mostre a información aos usuarios:
A opción máis importante é Presentar, que amosa as seguintes posibilidades a escoller:
- Automático: seleccionase de forma automática a mellor opción para presentar o ficheiro
- Incrustado: presentase o ficheiro dentro dunha páxina na aula virtual xunto coa súa descrición.
- Forzar descarga: preguntáselle aoa usuario se quere descargar o ficheiro.
- Abrir: presentáse o ficheiro na mesma xanela do navegador na que tiñamos a aula virtual.
- Nunha xanela emerxente: presentase o ficheiro dentro dunha nova xanela do navegador.
Unha vez que rematemos de configurar o contido prememos o botón Gardar e volver ao curso.