O primeiro paso para encher de contidos á aula virtual é premer no botón "Activar edición" situado preto da esquina superior dereita da pantalla.Como se pode ver, en cada panel, podemos engadir ou ben un recurso ou ben unha actividade.

Un recurso é un contido que o profesor/a proporciona ao alumnado (calquera tipo de documentación ben sexa en formato de texto, audio ou vídeo, software para descargar,...). O alumnado non pode interactuar con él.

Unha actividade é un contido interactivo sobre o que o alumno deberá realizar determinadas accións propostas polo profesor/a (unha tarefa, por exemplo).


Premendo aparece:

Última modificación: domingo, 8 de novembro de 2020, 7:20 PM