Que é?
O portal espazoAbalar é unha canle de comunicación de novas sobre o proxecto, e o mesmo tempo unha ferramenta de comunicación entre o profesorado e as familias.
Neste servizo, os/as docentes poden enviar mensaxes ás persoas responsables do alumnado, tanto de xeito individual como dun grupo completo e, opcionalmente, poden permitir que as persoas responsables respondan á mensaxe iniciando así unha conversa con elas. Disponse de varias funcionalidades de mensaxería:
- mensaxes privadas
- mensaxes de difusión
- mensaxes tipo sala
Así, coas mensaxes privadas ou de difusión para grupos
enviadas polo profesorado, as persoas responsables van poder comunicarse
mantendo a privacidade. A única diferenza é que o profesorado vai poder
personalizar os contidos, no caso da mensaxe privada, ou notificacións
de interese para todo o grupo, no caso da difusión.
Pola súa
parte, as mensaxes tipo sala, permiten crear novas comunicacións
dirixidas ás persoas responsables do alumnado. Neste caso a selección
faise por grupos completos e as respostas que se envían son visualizadas
por cada integrante da sala que teña aceptado participar no chat.
Unha
vez enviada a mensaxe, as persoas responsables que estean subscritas ás
notificacións recibirán avisos push na app abalarMóbil instalada nos
seus dispositivos móbiles.