Matriculación de usuarios
Requisitos do completado
- En primeiro lugar debemos situarnos dentro do curso correspondente e no menú de >Usuarios do bloque ADMINSTRACIÓN aparece a opción de "Usuarios matriculados". Concretamente esta opción aparece na seguinte ruta de menús "Administración do curso -> Usuarios -> Usuarios matriculados".

- Despois de pulsar sobre o menú anterior, se mostrará unha pantalla co botón "Matricular usuarios" na esquina superior dereita desta pantalla. No caso de que xa exista algún usuario matriculado no curso, éste aparecerá no listado que mostra esta mesma pantalla.

- Na seguinte pantalla, tras pulsar o botón de "Matricular usuarios",
nos mostrará todos os usuarios con nome, apelidos e correo electrónico
que están inscritos no centro e ao lado dereito de cada usuario aparece o
botón de "Matricularse". En canto se pulse este botón, o usuario desaparece desta lista.

- Finalmente, cando remate de matricular aos alumnos no curso, pulsa o "Rematar a matriculación de usuarios"
- Deste
modo, aparece a plantalla onde mostrará todos os usuarios matriculados
no curso co rol asignado e coa coas opcións específicas para poder
asignar, eliminar roles, editar a matriculación xunto co botón para
desmatricular , se fose o caso, a usuarios matriculados erroneamente no
curso. (A seguinte imaxe mostra o panel co listado de alumnos matriculados no curso)

Última modificación: sábado, 10 de outubro de 2020, 11:42 AM