Para crear un novo curso debemos de ir ao "bloque de Administración", e seleccionar o menú "Administración do sitio -> Cursos -> Engadir/Editar cursos". Poden crear cursos na aula virtual os usuarios administradores, os usuarios co rol de Xestor, e tamén os usuarios co rol de "Creador de cursos" a nivel do sistema ou a nivel de categorías de cursos.

 

Seguidamente o usuario debe de escoller a categoría na que debe de aparecer o curso. A categoría está definida polo nivel educativo ou ben polo departamento didáctico. Se non estivera creada a categoría pode crearse unha en "Crear una nova categoría", tal e como se pode visualizar no apartado correspondente deste curso. A continuación, unha vez seleccionada a categoría na que desexamos crear o curso, prememos en "Crear un novo curso"



As opcións de creación e configuración agrúpanse nos seguintes bloques, aínda que non é necesario configurar todas as opcións para dispoñer dun curso operativo na aula virtual. A configuración mínima consiste en inserir o nome completo do curso e o nome curto. O resto de opcións server para facer unha configuración avanzada do curso.

CREACIÓN DO CURSO. CONFIGURACIÓN BÁSICA

1. Xeral

Apartado xeral

Nome completo (do curso)
Define o nome con que o curso aparece dentro de Moodle. Un curso debe levar un título ou nome completo que sexa representativo do seu contido e para quen vai dirixido. Así, por exemplo, se precisamos crear un curso para a materia de Lingua Galega de 2º da ESO para o grupo A, podemos crear un curso co título "Lingua Galega 2º ESO-A". No caso de que teñamos varios grupos no mesmo nivel, e queiramos utilizar o mesmo material en todos eles, non importa se imparte o mesmo profesor/a ou son distintos, podemos crear un curso co título "Lingua Galega 2º ESO", compartindo así todo o alumnado do nivel o mesmo curso, e evitando que o profesor/a teña que incorporar os mesmos recursos varias veces.

Nome curto do curso.
É o nome con que se identifica ao curso na barra de navegación superior.

Categoría de cursos.
Este axuste determina a categoría dentro da que aparecerá clasificado o curso na lista de cursos.

Visible
Presenta dúas posibilidades: Mostrar ou Ocultar. No caso de elixir a opción de "ocultar", o curso estará visible unicamente para el profesor, pero non para os alumnos.

Data de inicio do curso
Determina a partir de que data estará dispoñible este curso. Se se seleccionou o "Formato semanal", esta opción determina como se etiquetará cada sección. A primeira sección empezará na data indicada aqui. Tamén determina dende que momento se empezan a gardar os rexistros de actividade do curso.

Número de identificación do curso
É un código interno de Moodle que non debe modificarse sen consultar co administrador.


Coas opcións analizadas ata o momento, serán suficientes para que o curso quede operativo despois de premer en Gardar e volver ao curso ou Gardar e presentar.

Botóns de gardado



Última modificación: sábado, 10 de outubro de 2020, 11:38 AM