Acceso á aula virtual
1.- Acceso á aula virtual
a aula virtual dun centro educativo dentro do proxecto Webs Dinámicas ten un enderezo web do tipo: https://www.edu.xunta.gal/centros/nome_do_centro/aulavirtual , onde "nome_do_centro" corresponde á denominación de cada centro educativo. Tamén, para facilitar o acceso, a páxina web de cada centro leva incorporado un enlace preconfigurado na cabeceira á Aula Virtual.
2.- Inicio de sesión
Unha vez visualizada a aula virtual no navegador, para acceder á mesma hai que pinchar sobre o botón Acceder localizado na parte superior dereita da pantalla como se pode ver na seguinte imaxe.

Entón aparece o formulario para introducir o nome de usuario e contrasinal. No caso de ter esquecido o contrasinal este mesmo formulario ofrece a posibilidade de recordalo premendo en Esqueceu o seu nome de usuario ou o contrasinal? que nos remitirá a unha páxina coas instruccións para recuperar o contrasinal.
Tamén podemos iniciar a sesión como convidado para ver os cursos que permitan este tipo de acceso, pero deste xeito nunca poderemos participar activamente neles.
