Pasos a seguir:

  1. Acceder, logueado, ao curso denominado Zona de prácticas.
  2. Premer en activar edición na esquina superior dereita.
  3. Premer en engadir unha actividade ou recurso. Lembremos que as actividades implican que o participante ten que realizar algunha acción (son máis activas), e os recursos implican máis que nada recibir información ou documentación (son máis pasivos). Escoller a actividade Tarefa.
  4. Cubrir, no apartado xeral, o campo nome, co título que terá a tarefa.
  5. Cubrir, no aparado xeral, o campo descripción, que será o enunciado ou explicación da tarefa a realizar. Debemos procurar facelo de forma clara pero completa, especialmente se a tarefa encargada é complexa, xa que será o único que terá o alumno para saber que se lle pide. Se podemos engadir enlaces, axudas, vídeos, audios, etc., mellor que mellor. Por certo, adoita ser boa idea lembrarlles aquí a forma de entregar, e tamén as vías de axuda coas que contan, para que se sintan acompañados e máis seguros.
  6. Ir desplegando as distintas opcións de configuración da actividade, e marcando/activando/desactivando o que nos interese. Neste caso prestaremos especial atención a:
    • O desplegable tipos de entrega, onde teremos: A) se permitimos entregar arquivos, texto directamente escrito na tarefa, ou as dúas cousas (tamén hai a opción de portfolios de Agueiro); B) se activamos a opción de arquivos, que normalmente será unha das marcadas, cantos e de canto peso permitimos.
    • O desplegable notificacións, onde diremos se queremos que nos chegue un correo cada vez que alguén entregue a tarefa ou non.
    • O desplegable cualificación, que xa o coñecíamos, e onde elexiremos se a tarefa é calificable ou non, con que escala a puntuaremos, se queremos corrección cega, etc.
    • Podemos visitar os outros desplegables para que nos vaian sonando as opcións: clicando sobre o signo de interrogación obteremos un resumo explicativo a modo de axuda.
  7. Premer en gardar cando todo estea listo, e comprobar que quedou como desexábamos. Se hai que modificar algo, podemos entrar escollendo modificar a configuración. 
  8. Esperar a que haxa entregas da tarefa, e pasar a calificalas. O normal é deixar sempre algo de retroalimentación (tamén poderemos usar recursos de distinto tipo, ou simplemente texto).

Última modificación: sábado, 23 de maio de 2020, 6:32 PM