Breve presentación de Moodle, e un par de consellos iniciais á vista dos cursos que xa tendes feitos:

  1. Intentar simplificar a visión dos cursos, eliminando os bloques innecesarios (p.ex., ter visible o bloque de calendario, se non se están programando eventos e facendo uso da axenda, non ten moito sentido). Os motivos son eliminar distractores e maximizar o espazo dedicado ao importante: os recursos e actividades.
  2. Estruturar os cursos o máximo posible: por temas/semanas/módulos, dentro diso por apartados con etiquetas que marquen as seccións, en cada sección con subetiquetas ou cartafoles... Logo coas opcións de agochar/visibilizar e a de destacar, podemos guiar ao alumnado para que se fixen máis nunhas partes ou noutras.

Última modificación: domingo, 17 de maio de 2020, 6:39 PM