P1. Engadir etiqueta
Requisitos do completado
Pasos a seguir:
- Acceder, logueado, ao curso denominado Zona de prácticas.
- Premer en activar edición na esquina superior dereita.
- Premer en engadir unha actividade ou recurso. Lembremos que as actividades implican que o participante ten que realizar algunha acción (son máis activas), e os recursos implican máis que nada recibir información ou documentación (son máis pasivos). Escoller o recurso Etiqueta.
- Ir ao apartado Xeral, e desplegar as barras de ferramentas do editor se están colapsadas.
- Engadir o texto da etiqueta. Poden ser varias liñas se queredes: unha ou dúas a modo de título, e outras a modo de explicación ou entradilla. Tamén podería levar vídeos, imaxes, enlaces...
- Darlle formato á nosa etiqueta. Se imos a usala a modo de título, o máis lóxico e empregar os estilos predefinidos, non darlle o formato "a man" (ou non só "a man").
- Engadir un icono ou imaxe. Situamos o cursor onde queremos poñela, e prememos no botón de inserir imaxe. Se xa a temos subida só temos que localizala, e se é a primeira vez termos que subir o arquivo desde o noso ordenador. Cubrimos os campos necesarios, e dámoslle as opcións que nos gusten (tamaño, marxes, ubicación respecto do texto...). A previsualización axudaranos a intuir como vai quedar.
- Aceptamos e comprobamos o resultado. Se non está ao noso gusto, prememos en editar a configuración desa etiqueta e podemos volver a modificar o que queiramos (se é a imaxe, pinchando nela co botón dereito, ou seleccionando e presionando o botón de imaxe, volverase a abir a ventana de opcións).
Por certo, finalmente eu deixei o pictograma da miña etiqueta de exemplo con esta configuración (xa rematado o vídeo parecíame moi grande):

Última modificación: domingo, 17 de maio de 2020, 6:31 PM