Grupos visíbeis: Todos os participantes

Nome:

 

Diana Trujillo

Nacemento:

 

1981

Falecemento:

 

Lugar:

 

NASA, Estados Unidos

Área:

 

Enxeñaría aeroespacial

Achegas:

 

Liderou o equipo de enxeñeiros no Laboratorio de Propulsión a Reacción, centro adicado á construción  e operación de naves espaciais non tripuladas para a axencia espacial estadounidense NASA. Este equipo de enxeñeiros estivo ao cargo do brazo robótico do RoverPerseverance, o vehículo deseñado e fabricado para explorar o cráter de Marte e cuxo lanzamento tivo lugar o 30 de xullo de 2020, aterrando no planeta veciño o pasado 18 de febreiro de 2021.

Ademais, Diana Trujillo foi a directora de voo de dita misión.

 

Curiosidade:

 

Animouse a presentar a súa candidatura para o programa da Academia da NASA tras ler unha revista sobre o papel das mulleres que traballaron nas misións espaciais. Así, converteuse na primeira muller migrante de orixe hispano en ser admitida en dito programa, pasando finalmente a ser unha das únicas dúas persoas do mesmo que acadaron un emprego na NASA.

Por outra banda, ela mesma foi a encargada de relatar, por primeira vez en directo e en fala hispana, a aterraxe do Perseverance no planeta vermello.

 

Imaxe:

 

 

Recoñecemento:

 

Si, recoñecéuselle o labor mentres estaba viva. 

Autor/a:

 

Pantasma Maxenta

PM