4 ferramentas para crear contidos e actividades
| Sitio: | Aula Virtual Ceip Plurilingüe A Igrexa-Calo |
| Curso: | Actualización de ferramentas tecnolóxicas para docentes 20/21 - Avanzado |
| Libro: | 4 ferramentas para crear contidos e actividades |
| Impreso por: | Usuario convidado |
| Data: | sábado, 22 de novembro de 2025, 1:36 PM |
1. Exelearning
eXeLearning é unha ferramenta de autor de código aberto para axudar aos docentes na creación e publicación de contidos web.
2. Lim
O sistema Lim é un entorno para a creación de materiais educativos en formato Libro Interactivo Multimedia.
Características
- Uso de HTML+javascript+css
- Compatible cos principais navegadores , sistemas operativos e dispositivos.
- Entorno aberto, baseado no formato json.
- Sen dependencias, non necesita blibliotecas ou frameworks externos
- Modificable, os arquivos HTML e CSS poden ser modificados para ampliar as posibilidades e o aspecto de LIM
- EdiLIM é compatible cos recursos creados coas versións anteriores. Os recursos xa creados poden abrirse con EdiLIM e exportarse ao novo formato.
- Moi lixeiro: ¡máis de 50 tipos de actividades en só 250 KB!.
Desde un punto de vista educativo :
- Entorno agradable .
- Facilidade de uso para o alumnado e o profesorado.
- Actividades atractivas .
- Posibilidade de control de progresos.
- Avaliación dos exercicios.
- Non hay que preparar os dispositivos, non utiliza complementos.
- Posibilidade de utilización cunha ampla variedade de dispositivos.
- Preparación de actividades de forma sinxela.
EdiLIM é o editor de escritorio para crear os Libros Interactivos Multimedia. Consiste nun executable de pequeno tamaño que non precisa instalación.
3. Ardora
Ardora é unha aplicación informática para docentes, que lles permite crear os seus propios contidos web, dun xeito moi sinxelo, sen ter coñecementos técnicos de deseño ou programación web.
Con Ardora pódense crear máis de 35 tipos distintos de actividades, encrucillados, sopas de letras, completar, paneis gráficos, simetrías, esquemas, etc, así como máis de 10 tipos distintos de páxinas multimedia: galerías, panorámicas ou zooms de imaxes, reprodutores mp3 ou mp4, etc así como as "páxinas para servidor", anotacións e álbum colectivo, liñas de tempo, póster, chat, poster, sistema de comentarios e xestor de arquivos, pensadas fundamentalmente para o traballo colaborador entre o alumnado.
O profesor ou profesora só debe centrar o seu esforzo nos elementos a incluír, non no seu tratamento informático.
Ardora 8 crea contidos baixo a última tecnoloxía web, html5, css3, javascript e php polo que NON é necesaria a instalación de ningún tipo de plugin, isto implica que se pode acceder aos contidos independentemente do tipo de sistema operativo e/ou dispositivo que se use (tablets, móbiles...), unicamente deberase de contar cun navegador que soporte estes últimos extándares como firefox, chrome, ópera...
4. Jclic
JClic é unha contorna para a creación, realización e avaliación de actividades educativas multimedia, desenvolvido na plataforma Java.
JClic, é o programa principal, e serve para visualizar e executar as actividades. Permítevos crear e organizar a vosa propia biblioteca de proxectos, e escoller entre diversas contornas gráficas e opcións de funcionamento.
JClic author. esta ferramenta permite crear e modificar proxectos JClic, nunha contorna visual moi intuitivo e inmediato. Tamén ofrece a posibilidade de converter ao novo formato os paquetes feitos con Clic 3.0, e outras prestacións como a publicación das actividades nunha páxina web ou a creación de instaladores de proxectos.