4 ferramentas para crear contidos e actividades
2. Lim
O sistema Lim é un entorno para a creación de materiais educativos en formato Libro Interactivo Multimedia.
Características
- Uso de HTML+javascript+css
- Compatible cos principais navegadores , sistemas operativos e dispositivos.
- Entorno aberto, baseado no formato json.
- Sen dependencias, non necesita blibliotecas ou frameworks externos
- Modificable, os arquivos HTML e CSS poden ser modificados para ampliar as posibilidades e o aspecto de LIM
- EdiLIM é compatible cos recursos creados coas versións anteriores. Os recursos xa creados poden abrirse con EdiLIM e exportarse ao novo formato.
- Moi lixeiro: ¡máis de 50 tipos de actividades en só 250 KB!.
Desde un punto de vista educativo :
- Entorno agradable .
- Facilidade de uso para o alumnado e o profesorado.
- Actividades atractivas .
- Posibilidade de control de progresos.
- Avaliación dos exercicios.
- Non hay que preparar os dispositivos, non utiliza complementos.
- Posibilidade de utilización cunha ampla variedade de dispositivos.
- Preparación de actividades de forma sinxela.
EdiLIM é o editor de escritorio para crear os Libros Interactivos Multimedia. Consiste nun executable de pequeno tamaño que non precisa instalación.