Ir un chisco máis alá.
8. Gamificación
A gamificación é a aplicación de elementos propios dos xogos en contextos non lúdicos, co fin de poder ter influencia nos comportamentos das persoas a partir do estímulo da súa motivación. Basease en características propias dos xogos, as que fan que estes sexan tan atractivos e incluso as veces, aditivos. Coa intervención nas acciones dos xogadores ou usuarios*, preténdese resolver situacions”.
Teixes, F. (2014)
Esta estratexia educativa mestura dous termos que, como mestras e mestres, ben sabemos do seu bo resultado: educación e entretemento.
Cando na nosa aula aplicamos este modelo conseguimos xerar un ambiente máis dinámico, unha maior implicación e motivación, en consecuencia no seguimento do alumnado ao profesorado reacionase dunha forma máis intuitiva e é moito máis práctica.
Moodle, a ferramenta informática coa que se elabora a nosa Aula Virtual, conten algunhas ferramentas para a gamificación -perdón polos palabros- dos nosos cursos.
Basicamente podemos gamificar o noso curso grazas as insignias.

AS insignias son unha especie de medallas ou de recoñecementos que permite ao profesorado premiar o esforzo realizado polo alumnado cando logran superar un reto presentado na aula virtual cando se produce unha das seguintes circunstancias:
- Ten finalizado correctamente unha actividade.
- Ten superado unha combinación de retos.
- Logra un determinado número de puntos -dentro da escala que esteamos a utilizar- en calquera actividade ou conxunto de actividades.
- Ao rematar un curso.
Noutras contornas diferentes este sistema tamén serve para acreditar o traballo realizado cara a novos estadios formativos.
En resume, as insignias pretenden reforzar a motivación do alumnado.
Como "gamifico" o meu curso.
O primeiro paso e crear as insignias que queres utilizar.
Abre o curso da aula virtual que queiras utilizar, selecciona o engrenaxe da parte superior dereita e escolle "máis..." (debes ter o rol de profesor/a)


Agora seleccionamos "engadir unha nova insignia"
Aparécenos un formulario para encher. Logo do nome e a descrición o seguinte é engadir a imaxe que representa a insignia que deberiamos ter creada/escollida previamente. Consello: o tamaño non de be ser demasiado grande, máis ou menos do tamaño da escarapela que inicia esta entrada pero co deseño que vos escollades.
Agora debedes indicar que emite a insignia e o seu correo. En ámbitos oficiais isto é importante, eu estou a poñer o meu nome "Ricardo" e meu enderezo de correo pero poderiades poñer outro texto e como correo nonresponder@edu.xunta.gal
O último paso desta primeira fase é indicar a caducidade da insignia.
Segundo paso. logo de ter creadas as insignias, que como todo sempre merece unha "pensada" e unha planificación previa, debemos indicar os criterios de concesión dunha insignia. Imos a escoller "xestionar insignias" e debes seleccionar a lapela criterios.
O criterio máis simple de utilizar é o da asignación manual, ti decides quen recibe a insignia. Tamén podes enviar unha insignia cando unha alumna ou alumno complete unha actividade, ou cando a complete cunha puntuación mínima.
Terceiro paso. Prepara a mensaxe que recibirá o alumnado cando teña dereito a unha insignia. Moodle proponche un pero, mellor o cambiamos non?
Cuarto Paso. so queda que o alumnado realice a actividade, ou que a realice superando unha fronteira ou que ti concedas a túa insignia a quen ti consideres.
Quen engade unha nova entrada explicando como se xestiona unha actividade que xera dereito a unha insignia?
Para os que preferides un vídeo...
Aquí tedes a guía da que se fala no vídeo
Un vídeo de Dina Asensio