Este vai ser o apartado para a aula específica.
- Teacher: PROF-Cristian Ageitos
Nesta aula virtual compartirei as cancións que iremos creando con intelixencia artificial e traballando ao longo do curso.
Cada canción está pensada para reforzar o vocabulario e os verbos principais que aprendemos na aula, axudando a mellorar a pronunciación, o ritmo e a comprensión auditiva dunha maneira divertida. 🎵
Podedes escoitar as cancións desde calquera dispositivo e usalas tantas veces como queirades para repasar e bailar aprendendo inglés :)
Para calquera dúbida ou comentario, podedes escribirme a:
📧 rebecapc@edu.xunta.gal
- Teacher: PROF-Rebeca Puentes
- Teacher: PROF-Judit Ordóñez
Neste curso imos traballar a materia de Ciencias da natureza mediante 6 temas nos que leremos, falaremos, realizaremos retos, visualizaremos vídeos, faremos fichas, experimentos, traballaremos co ordenador, imáxenes, contos, visitas e talleres...
Os temas nos que se divide este curso son os seguintes:
1. Como somos? coñeceremos como é o noso corpo por fóra e por dentro, e como cambia ao longo da vida.
2. Coidámonos. Traballaremos a boa alimentación, o aseo, o deporte, o descanso, os hábitos saudables para evitar accidentes e enfermidades, e a expresión de emocións e sentimentos.
3. Descubrimos os seres vivos. Coñeceremos os diferentes tipos de animais que existen.
4. Os seres vivos na natureza. Seguiremos cos seres vivos, ás plantas e a súa importancia e analízaremos como encaixamos todos os seres vivos na natureza.
5. Facemos ciencia coa materia e a enerxía. Traballaremos contidos relacionados coa materia e coa enerxía
6. A toda máquina!!!! Investigar e aprender sobre as máquinas: a súa definición, a súa función, o seu funcionamento e a tipoloxía en función do número de pezas; as normas e os consellos para utilizalas...
Curso onde se compartirán recursos variados para incentivar a todos e todas os alumnos e alumnas a que utilicen o galego.