Este cambio metodolóxico na didáctica das matemáticas, ven fomentado polos resultados académicos de moitas xeracións de estudantes, no noso sitema educativo. As dificultades de moitos alumnos/-as que teñen en secundaria é evidente. Tamén tivemos en conta que as matemáticas se considera unha materia difícil e pouco chamativa pola falta de entendemento. Este cambio, ten como obxectivo mellorar o razoamento lóxico-matemático e fomentar a autonomía intelectual do alumnado xerando un pensamento crítico e reflexivo na súa aprendizaxe. Nútrese de diferentes autores como Mª Antonia Canals, Constance Kamii, Antonio Martín, Marcos Marrero, Josep Callís, José Antonio Fernández Bravo ...
Baseámonos en 4 fases didácticas de aprendizaxe:
- Vivencial: experimentación co propio corpo.
- Manipulativa: utilización de diferentes materiais para modelar e concretar con maior claridade as ideas matemáticas.
- Gráfica: representación da fase manipulativa a través de debuxos, diagramas e esquemas.
- Simbólica: emprego da linguaxe matemática.
Esta maneira de traballar, pretende facilitar a resolución de problemas, eixe fundamental desta materia como explica o noso currículo.
- Teacher: María Abel Diéguez
- Teacher: Fernando Eijo Díaz
- Teacher: Diana Gil Ave
- Teacher: LAURA JUNCAL
- Teacher: Alfonso Marcos Fandiño




