NEAES: PRECOCIDADE,TALENTO E ALTAS CAPACIDADES
Nos centros eductivos atopámonos con que aproximadamente un 3% do alumnado encádrase nas categorías sinaladas no título.
Fago un enlace ao Protocolo para a atención educativa ao alumnado con altas capacidades intelectuais de Educación da Xunta de Galicia
Esta páxina pretende facilitar recursos e enlaces aos mesmos para atender dentro das aulas ás necesiddes educativas de atención especial asociadas aos nenos e nenas precoces, talentosos e talentosas e de altas capacidades intelectuais.
No protocolo antes citado reflíctense definicións, diferencias entre as categorías, formas de detección das mesmas, lexislación...etc.
O mesmo protocolo desenvolve a intervención educativa co alumnado de altas capacidades facendo referencia a medidas educativas ordinarias, especialmente aos programas de enriquecemeno curricular, nos que se extende. Tamén fai referencia a medidas educativas extraordinarias como son as AC (adaptacións curriculares) e a flexibilización da duración do período de escolarización (adianto dun ano).
A pesar dos diferentes modelos, recursos e actividades que aquí se poden amosar, non podemos esquecer que cada neno é único, coas súas cualidades, capacidades e características, polo que a intervención educativa será individualizada, é dicir, axustada cada pequeno ou pequena.
RECURSOS
On-line editables:
Ambos programas de innovación educativa do Gobierno de Canarias realizados por C. Artiles. os seus contidos son talleres de creatividade lingüística, creatividade matemática, actividades multimedia, actividades de axuste socio-afectivo e xogos lóxicos manipulativos. Un exemplo de actividade é a que se mostra:
Outro exemplo dos mesmos:
Algúns dos materiales publicado que hai no mercado son:
Elices, J.A. e outros.Cuadernos de trabajo para alumnos con capacidades inlecectuales.
SICO - Nivel 3 de 10 a 12 anos
Ed. CEPE (2015)
Traballan temas do mundo real por proxectos que presentan diferentes formas de interpretación. Pódense ver mostras nos enlaces do tipo:
Algunhas webs e blogs:
Especialmente para a etapa de Infantil:
https:/altascapacidadeseneducacióninfantil.blogspost.com
Asociacións: