Tarefa
Imaxinate que fuches elexido para dar unha conferencia no teu colexio. Despois de moito pensar, deciden que o título da conferencia será: " Quen é Agustín Fernández Paz? ". Os asistentes á conferencia están interesados en coñecer máis sobre este escritor, e pediron os conferenciantes que a charla non se limite a aspectos vinculados soamente á súa obra literaria.
Deberás buscar a información, procesala, e preparar a futura presentación. Esta poderá realizarse a través dalgunha ferramenta tecnolóxica como un editor de presentacións ou mediante calquera outro recurso que consideres pertinente.
É unha actividade que pode realizarse individualmente, ou en grupo. Nesta modalidade de traballo, é importante que traballes sobre os materiais encontrados, buscando relacións, síntese, articulacións, etc. Non se trata dunha simple busca de información.
![]() |
![]() |

