ACTIVIDADE LETRAS GALEGAS CEIP PEDROUZOS
Section outline
-
Para conmemorar este día, imos facer unha "SOLTA DE POEMAS" pola contorna da escola. Consiste en facer un ou varios cartaces por aula, e logo saír a colgalos polas árbores da escola e da contorna.
- Os cartaces serán en cartolinas de cores de tamaño A4.
- A temática dos cartaces son as Letras Galegas e a homenaxeada deste ano "Luisa Villalta.
- Hai varias propostas para os cartaces: unha proposta de cartaces sería as "PALABRAS DE LUISA VILLALTA" que propón a Real Academia Galega. Poderedes ver nos seguinte enlace: https://academia.gal/letras-galegas/2024/luisa-villalta/palabras.; outra proposta serían os seus poemas, calquera expresión plástica,....
- Os cartaces serán colgados con trapillo.
- Esta actividade pode ser feita nas aulas, e posteriormente saír a colgar os cartaces cos nosos afillados e afilladas.
- Colgaremos os cartaces o día 15 e/ou 16 de maio.
- Intentaremos non plastificar os cartaces para evitar tanto plástico.
Na aula virtual do centro colgaremos todos os recursos que nos chegan para traballar esta autora; tanto os recursos do seminario galán, como os da RAG, entre outros.
ENVIAMOS EN ARQUIVO ADXUNTO, A ACTIVIDADE "SOLTA DE POEMAS"