MBOT E OS SEUS SENSORES
| Sitio: | Aula Virtual: CEIP PLURILINGÜE DE CASTRELO |
| Curso: | ROBÓTICA CON MBOT |
| Libro: | MBOT E OS SEUS SENSORES |
| Impreso por: | Usuario convidado |
| Data: | martes, 13 de xaneiro de 2026, 5:49 PM |
Descrición
Imos coñecer as partes do"corpo" e anexos de Mbot
1. MBOT
Mbot ten partes que teñen nome propio igual que o noso corpo. Daríache igual dicir dame a man que dame o pé? Supoño que non!!! Pois a Mbot tampouco. Así que imos intentar chamarlle ás cousas polo seu nome.
1.1. O CORAZÓN DE MBOT
Esa é a placa base. Nela está todo!!! Atención!! É forte, pero tamén delicada. Así que será mellor deixala coa tapiña de plástico posta. Neses botonciños que ten poderemos colocar pezas de LEGO e "tunear" un pouco o noso Mbot.

1.2. MOTORES E RODAS
Para ter esa apariencia de coche co que asociamos a este robotiño, precisa ter rodas e estas que se movan grazas a uns motores (os de cor amarela). Ten un no lado dereito e outro no esquerdo .Así poderá mover a diferentes velocidades, dar marcha atrás, xirar á dereita ou á esquerda...

1.3. PARECE QUE VE
O Mbot parece que nos observa a través duns ollos. En realidade, trátase do sensor de ultrasons. Sabes como poden os morcegos detectar os obstáculos na oscuridade? Eles emiten uns sons e grazas a uns receptores que recollen o rebote do son nos obxectos, saben se teñen un obstáculo ou non. Pois eso mesmo fai Mbot. Así conseguirá ata saber a distancia que hai a un obxecto, parede, ostáculo... Éche ben listiño este robotiño!!

1.4. É MOI GUIADIÑO
Na parte inferior da estrutura, Mbot ten un sensor segueliñas. Que fai? Pois se o configuramos ben,pode detectar a liña e afastarse dela, pode seguila... Ata poderemos facer carreiras ou combates de sumo!!En modo deportivo e olímpico!!

1.5. SENSOR DE INTENSIDADE DA LUZ
Este está un pouquiño agochado. Localízase na placa base. Detecta a cantidade de luz que hai no lugar. Imaxínaste que cando sexa máis tenue a luz se acendesen as luces soas? Pronto o saberás facer...

1.6. TODO BEN ENGANCHADO
Para que non se desmonte toda a estrutura para que se asemelle a un coche, temos que usar torcas, parafusos, pernos... Todo ben colocado, apretado coa axuda dun desparafusador, fai que Mbot xa poida estar preparado para funcionar.

2. MBOT E MÁIS SENSORES
Pero Mbot tamén pode axudarse para facer moitas cousas doutros sensores que lle poderemos engadir. Prepárate que veñen uns cuantos!!!
2.1. MATRIZ DE LEDS
Un engadido moi divertido. Queres poñer unha mensaxe, saudar, ou simplemente poñerlle unha cara ó mundo? Este é o que precisas!!!
