Benvida e Información Aula Virtual
Apreciadas familias:
Póñome en contacto con vós aos efectos de lembrar certas cuestións metodolóxicas e do día a día da clase, coa finalidade de que as nosas nenas e os nosos nenos poidan desenvolver ao máximo unhas aprendizaxes satisfactorias e acadar unha boa competencia lingüística na lingua extranxeira.
A colaboración familia escola é fundamental neste proceso.
Como sabedes, este ano empezamos co proxecto E-Dixgal en 5º. Utilizaremos o libro dixital Netex-Smart e continuaremos traballando na Aula Virtual. Este ano a Agenda 2023/24 estará en EDixgal en vez de na Aula Virtual, xa que será a plataforma máis usada. Seguiremos tamén utilizando esquemas e fichas impresas, xogos, roleplays, proxectos diversos, etc, de maneira que o proceso de ensino-aprendizaxe non sexa exclusivamente virtual. É importante que conserven as libretas dun ano para outro, xa que lles sirven de repaso e poden acudir a elas sempre que o precisen.
Debido a nosa participación no proxecto de Seccións Bilingües, temos a sorte de contar este ano con outra persoa axudante de conversa, o que nos permite facer fincapé na comunicación oral e na consciencia intercultural.
Farei unha descripción máis extensa da lAula Virtual xa que cambia un pouco o sistema respecto ao ano pasado:
AULA VIRTUAL DO CEIP DE ARZÚA
http://centros.edu.xunta.gal/ceipdearzua/aulavirtual/ ou ben dende o enlace da páxina web do colexio, arriba, esquerda, Aula Virtual. Entrada libre, como convidad@s.
Na Aula Virtual podemos atopar enlaces con explicacións e actividades interactivas para traballar os diferentes temas das materias de cada nivel. O acceso é libre, podedes entrar como convidad@s.
En Lingua Inglesa de 5º e 6º Nivel (adaptándonos ao nivel de cada curso) estamos traballando:
Historias e contos (Short Stories de British Council, Stories de angles 365, e readings diversos). Con estas historias practicamos lectura, escritura e facemos role plays, diálogos onde aprendemos a falar a lingua inglesa dentro dun contexto. Para escoitalas na casa, entramos na Aula Virtual- Lingua Inglesa 5º e 6º- Readings.
Os debuxos animados son moi útiles á hora de aprender inglés, Dispoñen na Aula en Cartoons and Films, de enlaces a debuxos como Wallace&Grommit, Horrid Henry e outros máis sencillos a hora de entender inglés como Peppa Pig, Dora The Explorer, etc con subtitulos en inglés, de modo que poden escoitar e ler. Poden e deben escoitar cantas historias desexen ,é un bo método para afacer o oído á nova lingua e, ao mesmo tempo, divertirse. Ver películas en inglés cos subtítulos tamén en ingles, videoxogos, etc é un método estupendo porque está dentro dos intereses d@s nen@s.
Cancións: Tanto sexan antiguas como lles chaman el@s, como actuais, teñen . unha finalidade similar a das películas e debuxos animados, están perto dos seus intereses e emocións, polo que a aprendizaxe é máis efectiva. Na Aula teñen cancións dos Beatles, Adele, etc.
Vocabulario: A Aula de 3º e 4º curso está centrada en vocabulario específico de cada tema: Home (AV-3º-4º-Lingua Inglesa-Home), Clothes, The time, School, Descriptions, Food, Animals, Body, Weather, Town, Sports, etc. O alumnado deberá repasar cando o precise este vocabulario mediante actividades on line, xogos, historias, etc.
Situacións Comunicativas: En Lingua Inglesa utilizamos o chamado Enfoque Comunicativo onde a aprendizaxe xira arredor de situacións comunicativas, é dicir, o uso da lingua estranxeira é para comunicarse con outras persoas, para iso usaremos calquera apoio, sexa xestual, visual, etc. Diferentes situacións comunicativas son: Introducing Yourself (Saudando e presentandose a si mesm@s), Meeting New Friends (Coñecendo nov@s amig@s), In the Street (Na rúa), At the restaurant, At the hotel, At the supermarket, At the doctor´s, etc, etc. Podedes atopalas todas na Aula Virtual (AV-5º e 6º-lingua inglesa). Aprendemos o vocabulario, facemos roleplays, simulando conversas nestas diferentes situacións.
Gramática: Paralelamente ao uso da lingua, nos últimos cursos estudamos as estructuras nas que está baseada esta lingua: tempos verbais, pronomes, comparativos, etc. Podedes atopar enlaces para practicar todos os tempos verbais e demais estructuras gramaticais na Aula, 5º e 6º- lingua inglesa- Grammar. Aí tamén dispoñen de liveworksheets , fichas interactivas que cando rematan corríxenlles o traballo e danlles unha nota.
Xogos: Calquera tipo de xogos ou videoxogos en inglés é útil para aprender a lingua. Na AV en cada tema tamén hai xogos referentes a cada situación.
Outra cuestión a recordar é que no transcurso de calquera actividade podemos tratar temas que son relevantes para a nosa construcción como sociedade, nese caso dende a LOXSE 1990, e as leis posteriores LOE 2006 e LOMCE 2013 recóllese a necesidade do tratamento destes temas como parte integrada do currículo, e deste xeito recóllese no proxecto educativo do Ceip de Arzúa desenvolvendo o disposto pola lei 4/2011 e o decreto 8/2015 que a desenvolve. Estes temas son coñecidos como os temas ou elementos transversais e tamén como educación en valores e así se recolle no Currículo.
Lembrade que a libreta, onde teñen a teoría e exercicios que estamos traballando e a Aula Virtual son os recursos sempre a vosa disposición. Tamén quedamos a vosa disposición o equipo docente que impartimos esta lingua. Os luns de 17:00 á 18:00 no horario de tutoría atenderemos calquera dúbida ou consulta respecto a aprendizaxe e desenvolvemento dos vosos fillos e fillas.
Agardando que esta comunicación sexa do voso interese e de utilidade para este poxecto compartido pola familia e a escola que é a educación de cada neno e nena, recibide os saúdos deste equipo docente.
Teresa díaz